🎃 👻 🎸 POP, ROCK E MONSTROS Un Samaín ao ritmo da música moderna Coa chegada do Samaín e do Halloween, imos descubrir unha faceta misteriosa do Pop e do Rock. Ao longo da historia, moitos músicos inspiráronse en monstros, pantasmas, zombis e outras criaturas fantásticas para crear cancións cheas de misterio, humor e terror ou mesmo para poñer nome as súas bandas musicais. Desde os clásicos internacionais ata o pop-rock en castelán, veremos como a música, as voces, os instrumentos e os ritmos poden transportarnos a un mundo monstruoso… e mesmo facernos bailar cos mortos!
Guía de recursos para Educación Musical